lunes, 16 de diciembre de 2013

TOC TOC CON PABLO DÍAZ

O venres recibimos a visita no auditorio de Pablo Díaz e o grupo Ruote os cales realizaron un pequeno obradoiro de música tradicional galega e tamén aproveitaron para cantarnos algunhas das súas novas cancións incluidas no disco Toc Toc. Ademais non faltou unha canción moi coñecida e querida por nós "Tic-Tac" coa que poidemos todos xuntos facer de agullas de reloxo. Encantounos!
Aquí vos deixamos unha mostra en video e en imaxes do ben que o pasamos.


jueves, 12 de diciembre de 2013

UNHA MENSAXE DE PAPÁ NOEL PARA TODOS

Nestes días tan sinalados recibimos, desde Laponia, unha mensaxe moi importante. Mirade, mirade! 


UNHA PEQUENA LEMBRANZA

Co motivo da proximidade do festival de Nadal, queremos lembrarvos os puntos tratados na xuntanza xeral. Imos realizar unha estupenda actuación que necesita dunha vestimenta axeitada.
  • Que os nenos veñan co pelo engominado, vestidos con camiseta branca e vaqueiros.
  • Que as nenas veñan con coleta alta ou chicho, con mallas negras e camiseta negra.
  • Se as nenas queren, poden vir cos beizos pintados de vermello.
  • Que todos traian calzado escuro.
  • Que os nenos/as de 4 e 5 anos traian, o antes posible, unha caixa pequena (p.e. de zapatos) envolta en papel de cores, simulando un agasallo.
  • Que os nenos/as de 3 anos traian unha caixa de calquera tamaño, simulando, tamén, un agasallo.
Para a prehistoria: necesitamos máis material relacionado coa prehistoria, queremos que os nenos/as sexan protagonistas e expoñan o material aos seus compañeiros/as. Non levarán os traballos deste proxecto ata o remate de curso.
Un cordial saúdo!

jueves, 14 de noviembre de 2013

DIVÍRTETE E APRENDE CO OUTONO

SAÍDA AO SOUTO

Os nenos e nenas de Infantil quixemos observar de primeira man as características do outono. Para iso fixemos unha saída ao Souto do Allo. Foi un divertido paseo onde puidemos pisar as follas do outono, ver medrar cogumelos, recoller castañas e observar o grandes que son os castiñeiros.
Que ben o pasamos!