Co motivo da proximidade do festival de Nadal, queremos lembrarvos os puntos tratados na xuntanza xeral. Imos realizar unha estupenda actuación que necesita dunha vestimenta axeitada.
- Que os nenos veñan co pelo engominado, vestidos con camiseta branca e vaqueiros.
- Que as nenas veñan con coleta alta ou chicho, con mallas negras e camiseta negra.
- Se as nenas queren, poden vir cos beizos pintados de vermello.
- Que todos traian calzado escuro.
- Que os nenos/as de 4 e 5 anos traian, o antes posible, unha caixa pequena (p.e. de zapatos) envolta en papel de cores, simulando un agasallo.
- Que os nenos/as de 3 anos traian unha caixa de calquera tamaño, simulando, tamén, un agasallo.
Para a prehistoria: necesitamos máis material relacionado coa prehistoria, queremos que os nenos/as sexan protagonistas e expoñan o material aos seus compañeiros/as. Non levarán os traballos deste proxecto ata o remate de curso.
Un cordial saúdo!