miércoles, 30 de octubre de 2013

QUEIMA DOS MEDOS

Aproveitando a chegada do Samaín, os nenos e nenas de Infantil, debuxamos e escribimos os nosos medos. Logo coa axuda das nosas mestras e despois da lectura dun conxuro máxico, os nosos medos arderon e desapareceron co lume. Seguro que non volven máis!

viernes, 25 de octubre de 2013

CONTOS DE MEDO PARA OS NEN@S DE INFANTIL

Na semana das Bibliotecas Escolares e coa excusa de coñecer máis a fondo a do noso cole, os nenos e nenas do Labarta Pose, desfrutamos de dous fermosos contos relatados polas profes Sinda e Isa. Quedamos moi impresionados por ámbalas historias e con ganas de repetir. Que ben o pasamos!



CINEMA DE TERROR

Co motivo da chegada do Samaín, os pequenos e pequenas do Labarta Pose, tivemos unha sesión de cine terrorífica. Mirade, mirade!!!


Estes son algúns dos vídeos que vimos!

O MONSTREJO


A BRUXA REGAÑADENTES

XOGA NO SAMAÍN